9 Meses Coidando a tua Saúde

O tempo pasa inexorablemente. Transcorridos xa mais de 9 meses desde que 60 minutos abriu as suas portas, o 1 de Outubro de 2018, son moitos os sentimentos que se debuxan nos nosos maxíns. Por unha banda a ilusión, esforzo e compromiso de todos os que traballamos por intentar que o exercicio físico saudable se integre como hábito de vida en moitas persoas e familias, pola outra coa satisfacción de que os indicadores de saúde corroboran que o traballo desenvolto vai na boa dirección.
As melloras cardiovasculares, de forza e movilidade articular evidencianse cada vez que se fai unha avaliación de ditos parámetros. Falamos de incrementos en personas adestradas superiores ao 10-20% do VO2 max, sendo para personas non adestradas de rangos entre o 30-40%. Ditos intervalos seguen a mesma tendencia na forza.
En canto aos valores da percepción do esforzo son multitude os usuarios que ante o mesmo o maior de carga externa de traballo atópanse con menor dificultade para superalo.
60 minutos debe seguir esforzándose na construcción de exercicios efectivos que garantan a preservación ou restauración de saúde. O futuro está cheo de novas metodoloxías de traballo co fin de motivar e adaptar aos nosos usuarios ao esforzo.
As gañas de innovación continua, de aprendizaxe diario e de resposta as necesidades inmediata constituen un reto ilimitado no proxecto de 60 minutos.
Tamén somos conscientes das adversidades ou dificultades que atopamos no camiño polo que con humildade intentamos subsanalas grazas as vosas aportacións sempre construtivas.
O que seguro é indiscutible é a seriedade e pulcritude coa que os vosos 60 minutos se deseñan e implementan en cada sesión. So dese xeito seremos fidedignos do noso lema corporativo.
Gimnasio 60 minutos Ourense, tempo para coidar a tua saúde.
Moitas grazas e disfrutade saludablemente do verán.