BIG DATA
Na actualidade a chegada da tecnoloxía ao mundo da actividade física e a saúde permítenos analizar e almacenar grandes cantidades de información (Big Data) que deben servir para profundizar sobre o coñecemento da realidade, pero tamén para prestación de servizos deportivos de maior calidade.
O ximnasio 60 minutos pretende ser pioneiro na aplicación de metodoloxías innovadoras de exercicio que garantan cambios fisioloxícos nos usuarios e reestablezan, manteñan ou melloren a saúde na comunidade veciñal.
Esa aposta decidida de 60 minutos por coñecer os efectos do traballo (carga externa) sobre parámetros internos do organismo (carga interna) foi a que nos levou o pasado martes a monitorizar o adestramento de varios dos nosos usuarios.
Plantexamos un adestramento de 20´ de carreira continua a unha velocidade próxima ao umbral anaeróbico, neste caso 13 km/h.
A cinética da FC determinounos que nos primeiros 5 minutos de tempo a Fc incrementase ata chegar ao intervalo de entre 160-180 ppm, espazo correspondente ao 80-90% da Fc máx.
En dito intervalo ámbolos dous suxeitos mantivéronse o 80% do tempo de proba, 16´ dos 20´programados.
Falamos dun adestramento principalmente de potencia aeróbica de carácter intensivo. Nas mesmas gráficas poidemos comprobar a adaptabilidade e resistencia fronte a este tipo de intensidades das 2 persoas. No 1º caso o suxeito foi capaz de manter o rendemento e no 2º foron precisos 2 descansos dun minuto para manterse nas intensidades sinaladas.
En canto a recuperación post-esforzo ambos deportistas recuperaron 2´ finalizada a proba a súa fc por debaixo de 130 ppm, valores inferiores ao 60% da FC máxima.
Grazas a tecnoloxía, a valentía e pulcritud por querer mellorar, e a vosa confianza.
60 minutos sempre será tempo para coidar a vosa saúde.