Benvidos ao NOVO CURSO de 60 minutos
Bos días 60 minuter@s.
Comezamos un novo curso con ilusión e ganas renovadas para seguir aportando excelencia e calidade aos nosos servicios. O convenio co “Centro Médico El Carmen” xunto coas clases de Readaptación lesional son novidades que se unen ás actividades de Ioga e Promoción de exercicio físico saudable. O coidado da saúde física e mental a través do exercicio prescrito por profesionais en doses adecuadas para as necesidades de cada individuo segue sendo a nosa obsesión.
Coa chegada da Unidade de Readaptación Lesional, introducimos exercicio reeducativo para persoas con necesidades específicas, como son patoloxías: óseas, musculares ou fisiolóxicas.
Non podo deixar de agradecer aos técnicos do Centro 60 minutos o seu esforzo e innovación para facer do noso centro un espazo á vangarda do estado español.
Grazas 60 minuter@s por confiar “o voso tempo” no noso Centro.
Permitídeme lembrar que 60 minutos sempre será tempo para coidar a vosa saúde.